
Acerca da radio FM
Seleccione >
Radio FM
.
Co teléfono pode escoitar as súas emisoras de radio favoritas. Enchufe os auriculares
e micro e seleccione unha emisora.
Para escoitar a radio, cómpre conectar uns auriculares compatibles ao dispositivo.
Os auriculares funcionarán como antena.
Non é posible escoitar a radio a través duns auriculares e micro Bluetooth.
Pode escoitar a radio incluso cando o teléfono estea activado no modo fóra de liña e
non teña cobertura de rede móbil. A calidade da emisión de radio depende do nivel
de cobertura do sinal FM na súa localización.
É posible realizar ou responder unha chamada mentres escoita a radio. O son da radio
desactívase durante unha chamada activa.