Utilizar o teléfono por primeira vez
Conceptos básicos do teléfono: copiar contactos, mensaxes e outros elementos do
teléfono antigo. O teléfono guiarao a primeira vez que o acenda.
Para iniciar unha acción, seleccione . Para omitir unha acción, seleccione .
Para utilizar Servizos de Nokia, cree unha conta de Nokia. Necesitará unha conexión
á Internet. Para obter información sobre os posibles custos, póñase en contacto co
provedor do servizo de rede. Se non pode conectarse á Internet pode crear unha
conta máis tarde.
Se xa ten unha conta de Nokia, escriba o seu nome de usuario e contrasinal, e
seleccione .
Consello: Esqueceu o seu contrasinal? Pode solicitar que llo envíen nunha mensaxe
de correo ou de texto.
Utilice a aplicación Cambio de datos para copiar os seus contidos, por exemplo:
•
Contactos
•
Mensaxes
•
Fotos
•
Vídeos
Ao configurar a súa conta de correo, pode establecer que se amose a caixa de entrada
na pantalla Inicio, para así comprobar o seu correo facilmente.
14
Introdución
Se precisa realizar unha chamada de emerxencia mentres configura o teléfono, prema
a tecla Chamar.