
Supresión de ruídos
Se chama dende un contorno ruidoso, o teléfono filtra o ruído de fondo para que a
voz soe máis clara á persoa no outro extremo da liña.
A supresión de ruídos non está dispoñible cando se está a utilizar o altofalante ou uns
auriculares.
Para que a cancelación de ruído sexa máis efectiva, sosteña o teléfono co auricular
pegado á orella e co micrófono principal preto da boca. Non cubra o micrófono
secundario que se atopa na parte posterior do teléfono.