Inserción dunha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas MicroSD e MicroSDHC compatibles autorizadas por Nokia
para utilizar co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por
unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo e
danar os datos almacenados na tarxeta.
Manteña todas as tarxetas de memoria fóra do alcance dos nenos.
1 Apague o teléfono.
2 Tire da lingüeta da tapa traseira cara a parte inferior do teléfono e retire a tapa.
3 Se a batería está inserida, retírea.
4 Insira unha tarxeta de memoria compatible na rañura. Asegúrese de que a zona
de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo.
Introdución
11
5 Empuxe a tarxeta ata que faga clic no seu lugar.
6 Volva colocar a batería e a tapa posterior no seu sitio. Asegúrese de que a tapa
estea correctamente pechada.
O dispositivo ofrécelle a posibilidade de gravar vídeos en alta definición. Para obter
un rendemento óptimo, se está a gravar un vídeo na tarxeta de memoria, empregue
tarxetas microSD de alta calidade de fabricantes coñecidos. Recoméndase a tarxeta
microSD de clase 4 (32Mbit/s (4MB/s)) ou superior.
Extraer unha tarxeta de memoria
1 Apague o teléfono.
2 Retire a tapa posterior do teléfono.
3 Se a batería está inserida, retírea.
4 Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que se libere e quite a tarxeta.