Inserción da tarxeta SIM e a batería
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Siga as instrucións atentamente para evitar danar a tapa posterior.
1 Tire da lingüeta da tapa traseira cara a parte inferior do teléfono e retire a tapa.
Introdución
9
2 Se a batería está inserida, retírea.
3 Insira unha tarxeta SIM. Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta se atope
orientada cara arriba.
Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que encaixe.
4 Aliñe os contactos da batería e o compartimento da batería e insíraa.
5 Para volver colocar a tapa traseira, dirixa os pasadores superiores cara a
cadansúas fendas e prema ata que a tapa encaixe no seu lugar.
10
Introdución