
Instalar Nokia Suite no seu ordenador
Coa aplicación de PC Nokia Suite pode xestionar diversos contidos do seu teléfono e
mantelo sincronizado co seu ordenador compatible. Tamén pode actualizar o
teléfono co software máis recente e descargar mapas.
É posible que se necesite unha conexión a Internet. Para obter información acerca
dos custos de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
Descargue a versión máis recente de Nokia Suite de www.nokia.com/nokiasuite no
seu ordenador.
Instalación de Nokia Suite co seu teléfono
1 Conecte o teléfono ao ordenador cun cable USB compatible.
Se está a utilizar o sistema operativo Windows XP ou Windows Vista no seu
ordenador, cambie o modo USB do teléfono a Almac. masiva. Para cambiar o
modo USB do seu teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación
e, a continuación, seleccione >
Almac. masiva
.
A memoria masiva do teléfono e a tarxeta de memoria amósanse como discos
extraíbles no seu ordenador.
2 Se non se abre automaticamente a fiestra de instalación, dende o xestor de
ficheiros do ordenador, busque e abra o teléfono, e despois faga dobre clic no
ficheiro de instalación de Nokia Suite.
3 Siga as instrucións que se amosan no ordenador.
4 Unha vez completada a instalación, se está a utilizar Windows XP ou Windows Vista
no seu ordenador, asegúrese de que o modo USB do seu teléfono é Nokia Suite.
18
Instalar Nokia Suite no seu ordenador

Para obter máis información verbo de Nokia Suite e ver os sistemas operativos cos
que funciona, vaia a www.nokia.com/nokiasuite.