Acerca da NFC
Near Field Communication (NFC) fai que conectarse e compartir sexa máis doado e
divertido. Os teléfonos e accesorios de Nokia que admiten NFC conéctanse sen fíos
cando se tocan.
Con NFC, poderá:
•
Compartir o seu propio contido entre dous teléfonos compatibles que admitan
NFC.
•
Conectarse a accesorios Bluetooth compatibles que admitan NFC, como uns
auriculares e micro ou un altofalante sen fíos.
•
Toque as etiquetas para obter máis contidos para o teléfono ou para acceder aos
servizos en liña.
•
Xogue con varios xogadores contra outros propietarios de teléfonos compatibles
que admitan NFC.
A área de NFC atópase na parte posterior do teléfono, enriba da cámara. Toque outros
teléfonos ou accesorios coa área de NFC.
122 Conectividade
Pode utilizar NFC cando a pantalla do teléfono estea acendida.
Para obter máis información, vexa os vídeos do titorial de NFC no seu teléfono.
Consello: Pode descargar máis contidos admitidos por NFC dende Bazar de Nokia.