
Sincronizar as fotos e vídeos entre o teléfono e o ordenador
Tomou fotos ou gravou vídeos co teléfono que desexaría ver no ordenador? Mediante
un cable USB, pode sincronizar facilmente os vídeos e as fotos entre o teléfono e un
ordenador.
1 Conecte o teléfono a un ordenador compatible cun cable USB compatible.
Se está a sincronizar entre unha tarxeta de memoria no teléfono e un ordenador,
asegúrese de que a tarxeta estea inserida no teléfono.
2 Abra Nokia Suite no ordenador e, a continuación, siga as instrucións que se
amosan en Nokia Suite.